Presentación do Programa para a Mellora da Viabilidade das Explotacións Gandeiras de Seitura 22

A Asociación Seitura 22 impulsa o Programa para a Mellora da Viabilidade das Explotacións Gandeiras e, este martes 11 de febreiro, levarase a cabo a partir das 12 horas a súa presentación no Centro de Dinamización Seara, no polígono de Penapurreira en As Pontes. Un acto aberto a toda persoa interesada no proxecto.
 
O proxecto consiste na posta en marcha dunha plataforma colaborativa para a mellora da eficiencia nas explotacións agrogandeiras, de produción leiteira ou cárnica, en base á xestión económica e técnica, no ámbito de actuación da asociación Seitura22.