Concello e movemento asociativo organizan este domingo a Cabalgata de Reis

As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente farán unha parada este domingo, 5 de xaneiro, no municipio de Valdoviño. Invitados polo Concello e máis as entidades e asociacións da localidade, chegarán á casa consistorial sobre as seis e media da tarde. Alí os esperarán máis de 30 veciñ@s voluntari@s, nen@s e adult@s, que solicitaron participar como figurantes acompañando á comitiva real.
 
Todos eles iniciarán un percorrido que os levará á Casa da Cultura e no que repartirán centos de caramelos. Irán acompañados de fadas, clowns con malabares, do carteiro real, de gaiteiros e gaiteiras e máis do Apalpador.
 
No auditorio, atenderán as peticións dos/as máis pequenos/as da casa e entregaranlles un pequeno obsequio.
 
O Concello quere agradecer a colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Valdoviño, que velará pola seguridade do percorrido.