O Océano Surf Museo incorpórase á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

O Océano Surf Museo de Valdoviño vén de adherirse á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos, tal e como acordou o consello da entidade na reunión celebrada o pasado venres no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), na que xa tomou parte o alcalde, Alberto González, en representación do municipio.
 
A Rede REMA constitúe un dos eixos vertebradores de Morada Atlántica, un proxecto colaborativo impulsado polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que inclúe entre os seus socios oito GALP de Portugal, tres de Andalucía e un procedente das Illas Canarias.
 
O proxecto Morada Atlántica foi aprobado pola Consellería do Mar e está financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).