Samaín: «O espantamedos»

venres, 1 Novembro, 2019 - 17:45
Vello igresario de Loira

Arranca ás 17,45 horas no vial de acceso ás naves de Cándido Hermida. Dende alí, nenos e nenas e maiores partirán para percorrer o camiño máxico ata o vello igresario de Loira. Nesta liña, o Concello anima ás persoas interesadas en participar en acudir cos seus disfraces, cabazas e candeas.
 
Xa no antigo cemiterio e igrexa de Loira, sobre as 18 horas, a compañía Odaiko ofrecerá o seu espectáculo «O espantamedos». Unha obra de Ignacio Vilariño, tamén director e intérprete da mesma, xunto a Juan Collazo.
  
En caso de choiva, as actividades trasladaríanse á Casa da Cultura.