Listaxe de aspirantes a funcionario interino Auxiliar Administrativo

Data: 
xoves, 3 Outubro, 2019
Obxecto: 

O obxecto desta convocatoria é a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a de prazas de auxiliar administrativo para cando sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.

A lista de aspirantes creada terá unha vixencia de catro anos. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.
As funcións a desenvolver na praza de auxiliar administrativo serán, as sinaladas na RPT do Concello de Valdoviño.

 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no BOP da Coruña (publicado o 2 de outubro). 5 días hábiles para subsanación, dende o 26 de novembro.