Danzas do Mundo, na oferta cultural do Concello de Valdoviño para o curso 2019/20

O Concello de Valdoviño informa da posta en marcha de clases de Danzas do Mundo. Unha actividade que se incorporaba á programación cultural do municipio hai dous anos cunha moi boa acollida entre a veciñanza. Son clases gratuítas, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, con preferencia para as empadroadas en Valdoviño.
 
As sesións celébranse todos os martes no local da Asociación A Frouxeira entre as 19 e as 20 horas. Así, os/as interesados/as terán que cumprimentar unha inscrición mesmo presentándose no lugar de impartición da actividade ou tamén poden facela na Casa da Cultura en horario de atención ao público (de 10 a 14 horas).