O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición nas clases de ioga

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición nas clases de ioga. Celebraranse en horario de mañá (de 10 a 11,30 h) e de tarde (de 20,30 horas a 22 horas) na Casa da Cultura e, no caso de existir demanda suficiente, a actividade tamén se ofertará no local social de San Miguel (de 12 a 13,30 horas e de 18,30 a 20 h). As persoas interesadas nas clases, cun custe mensual de 20 euros, poden formalizar a súa inscrición dende xa na casa consistorial (no rexistro municipal de luns a venres de 9 a 14 h). Así mesmo, para alumnado novo –que non participara na pasada convocatoria- é preciso achegar fotocopia do DNI.
 
 
No caso de que a demanda supere as prazas ofertadas, terá preferencia a veciñanza de Valdoviño, así como a antigüidade na actividade.