A oferta deportiva do Concello para este curso inclúe ximnasia nas parroquias, zumba, bailes latinos, tiro con arco e tenis

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, volve a apostar pola descentralización das actividades deportivas nas diferentes parroquias, e de aí que este ano volva a programar as clases de ximnasia en Meirás, Valdoviño, Vilaboa e Vilarrube. Así mesmo, a programación municipal deportiva para este curso, segundo informou o concelleiro de área, Sergio Saavedra, inclúe tamén clases de zumba en Vilarrube; tiro con arco e tenis (para persoas adultas, junior e nenos/as) en Meirás e bailes latinos en Valdoviño.
 
O prazo de inscrición abríase hoxe e pode formalizarse na casa consistorial (no rexistro municipal de luns a venres de 9 a 14 h). É preciso acompañar a instancia de fotocopia do DNI ou libro de familia (e volante de empadronamento no caso de que no DNI non figure a residencia en Valdoviño). Así mesmo, os antigos alumnos/as que xa teñen a ficha do curso pasado, para apuntarse só teñen que enviar unha mensaxe de whatsapp ao número 626465531 e dicir a actividade na que queren apuntarse, facilitar o nome completo e o DNI e especificar a forma de pago elixida.
 
O prezo das actividades para as persoas adultas oscilan entre os 8,86 e os 22,12 euros ao mes e, o das actividades para menores entre 7,37 e 18,43 euros, segundo a duración da actividade (horas á semana). O prazo de inscrición conclúe o 26 de setembro e o inicio do curso está previsto para outubro (e estenderase ata o mes de xuño).
 
No tocante á ximnasia de mantemento, en Meirás as clases desenvolveranse no pavillón do Longoiro os luns, mércores e venres de 10 a 11 horas; en Valdoviño levaranse a cabo no auditorio da Casa da Cultura os martes e venres de 10 a 11 horas; en Vilaboa as sesións celebraranse na antiga unitaria os martes e venres de 11,15 a 12,15 h e, en Vilarrube, no local social, os martes e xoves de 18,30 a 19,30 h.
 
As clases de bailes latinos terán lugar no pavillón do CPI Atios os xoves de 21,30 a 23,30 h. As de zumba, no local social de Vilarrube, martes e xoves de 19,30 a 20,30 horas. Tiro con arco será os luns e mércores de 18 a 20 h e os sábados de 10 a 12 h. E tenis para adultos os martes e xoves de 20,45 a 22,15 h ; junior (a partir de 10 anos) os martes e xoves de 19 a 20,30 h e para nenos e nenas ata os 10 anos os martes e xoves de 18 a 19 horas.
 
Por último, dende o Concello sinálase que nos vindeiros días informarase do prazo de inscrición para a actividade de ioga.
 
Para calquer dúbida o consulta, as persoas interesadas poderán dirixirse á Concellería de Deportes (segunda pranta da consistorial).