O Concello convida este xoves a veciñanza e visitantes a unha nova sesión de cine ao aire libre

O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a unha nova sesión de cine nocturno ao aire libre. Neste caso, co filme de animación «Memorias de un hombre en pijama». O pase terá lugar este xoves 22 de agosto, a partir das 22 horas, na praza da Casa da Cultura. A iniciativa conta co apoio da Deputación provincial a través da Rede Cultural.
 
Dirixida a un público maior de 12 anos, «Memorias de un hombre en pijama» é unha comedia que narra a hisotira de Paco, un cuarentón solteiro empedernido que, na plenitude da súa vida, consigue o seu soño infantil: traballar dende casa e en pixama. Pero todo cambia cando coñece a unha rapaza da que se namora. Trátase dunha adaptación do cómic de Paco Roca.