Cubertas nun día as prazas para participar na ruta guiada pola zona mineira do Porto

En apenas unhas horas, as prazas para participar na ruta guiada pola antiga zona mineira do Porto quedaron cubertas. Trátase dunha iniciativa promovida polo Concello, a través da Concellería de Cultura, e a Asociación Valdoviño Azul, e celebrarase este sábado 10 de agosto con participación gratuíta.
 
É a segunda ruta en apenas 15 días e a proposta está a recibir unha fantástica acollida por parte de veciños e visitantes, xa que inicialmente estaba prevista unicamente unha ruta e tivo que programarse esta segunda pola alta demanda rexistrada, cunha lista de espera significativa.
 
O punto de encontro este sábado volverá ser a caseta da praia dos Botes, de 11,15 a 11,30 horas e, dende aí, iniciarase o percorrido, con introdución á flora da zona.