Cine nocturno: "Campeones"

martes, 23 Xullo, 2019 - 22:45
Praza da Casa da Cultura

A través da Rede Cultural da Deputación Provincial.
Trátase dunha comedia dramática de 2018 dirixida por Javier Fesser. Aborda a historia de Marco, un adestrador de baloncesto que deberá facerse cargo dun novo equipo moi especial. «Campeones» estreouse o 6 de abril de 2018 e foi seleccionada para representar a España na 91a edición dos Premios Oscar na categoría de mellor película de fala non inglesa. No seu reparto conta co actor ferrolá Javier Gutiérrez.