Concello e Valdoviño Azul organizan unha nova ruta guiada pola zona mineira do Porto

O Concello, a través da Concellería de Cultura, e a Asociación Valdoviño Azul únense de novo para organizar unha ruta guiada pola antiga zona mineira do Porto. A iniciativa, segundo explicou o alcalde, Alberto González, celebrarase o domingo 28 de xullo ás 11,30 horas. As prazas son limitadas e a participación é gratuíta, aínda que se precisa de inscrición previa.
 
Así, as persoas interesadas deben formalizala na Casa da Cultura ou no teléfono 981 48 76 66 hoxe, 16 de xullo, o 17, 23 e 24 de xullo, de 11 a 13 horas.
 
O punto de encontro é a caseta da praia dos Botes, de 11,15 a 11,30 horas e, dende aí, iniciarase o percorrido, con introdución á flora da zona.