Máis de 230 nen@s e adultos toman parte nas actividades deportivas organizadas polo Concello no marco de OcioSol 2019.

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, valorou moi positivamente esta mañá a participación da veciñanza nas actividades deportivas organizadas polo Concello para o verán no marco do programa municipal OcioSol 2019. Unha participación que alcanza as 234 persoas, entre nenos e nenas e adultos. Aínda así, nalgunha actividade queda algunha praza libre, polo que o edil anima á veciñanza a inscribirse. Un trámite que pode realizarse no rexistro xeral da casa consistorial ou no departamento municipal de Deportes –primeira pranta do inmoble-.

A programación de OcioSol inclúe ximnasia de mantenemento en Meirás, Valdoviño (Casa da Cultura e entorno da Frouxeira) e Vilaboa; bailes latinos, baloncesto, fútbol sala, ioga e tenis. O custe mensual das actividades oscila entre os 7,37 e os 12,54 euros. Ademais, a oferta municipal na piscina de Lago abrangue cursos de natación para nenos e nenas (iniciación 1, iniciación 2, intermedio e perfeccionamento); aquagym (de 10,30 a 11,15 h) e natación para adultos, así como nado libre previa inscrición. Neste caso, a cuota vai entre os 7,37 e os 22,12 euros.
 
Inscrición nas prazas vacantes
As persoas interesadas en tomar parte naquelas actividades nas que aínda quedan prazas vacantes terán que entregar a ficha de inscrición (pode descargarse da web municipal) e achegar tamén fotocopia do DNI e volante de empadronamento (só no caso de residir en Valdoviño) –terán preferencia de praza os veciños e veciñas do municipio en caso de que a demanda exceda a oferta-. Para máis información : 626 46 55 31. A día de hoxe, no caso de persoas adultas, hai vacantes en ximnasia na Frouxeira, Meirás, Vilaboa e Casa da Cultura, bailes latinos, aquagym e natación adultos. No caso d@s nen@s, hai vacantes en fútbol sala, baloncesto e natación (perfeccionamento).