Valdoviño abre as portas da súa Oficina Municipal de Turismo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abriu as súas portas. Estará operativa de martes a domingo grazas á incorporación de dous técnicos de turismo, contratados ao abeiro dunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña.
 
Durante catro meses, non só se limitarán a atender as consultas de visitantes e turistas mañá e tarde senón que tamén tomarán parte en iniciativas de promoción e dinamización turística. Así as cousas, o horario da Oficina de Turismo, ubicada na Porta do Sol, será de 11 a 17 de martes a venres e de 11 a 19 horas sábados e domingos.