Obradoiros para toda a familia e concerto de Uxía Lambona este domingo

O parque de Lago acollerá este domingo, 30 de xuño, unha xornada lúdico-musical enfocada especialmente aos máis pequenos e pequenas da casa. Arrancará ás 16,30 horas cos Xogos e Obradoiros Ubuntu, pensados para disfrutar en familia: pais e nais, avós e avoas e nenos e nenas. Incluirá catro zonas de xogo diferenciadas, guiadas por monitores cada unha delas. Son a Xogoteca Ubuntu: con puzles xeográficos, puzles 3D de dinosaurios, e xogos tradicionais e populares, de enredo e destreza para todas as idades; a área Circus Magníficus, con malabares (diábolos, panos, aros, platos chinos, bolas, cariocas, mazas...) e equilibrios (zancos, salta-picks, pedaletas, monociclos, pao de equilibrio...); a zona Tunea a túa chapa, cun taller para a elaboración de chapas conmemorativas do evento, e a zona Trebellos solares, que incluirá unha cociña solar e o pinta-sol (onde se realizará unha introducción á enerxía solar e fotovoltaica). A participación é completamente gratuíta e os talleres desenvolveranse ata as 19 horas.

A esa hora, dará comezo o II Festival De Cero a Cen. Contará coa actuación estelar da formación Uxía Lambona e a banda molona, que traerá a Valdoviño o seu espectáculo “A bailar como Tol@s”. Unha función para toda a familia con música e baile, incluída na Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.