Bando Luminarias de San Xoán e San Pedro 2019

O Alcalde/Presidente do Concello de Valdoviño fai saber:
Co obxecto de proceder a inscrición neste concello, para as luminarias de San Pedro e San Xoán en ámbitos de solo Urbano e Núcleo Rural haberá que ter en conta en todo caso as seguintes precaucións:

  • A queima quedará totalmente extinguida.
  • Previamente ao seu inicio, deberá facerse unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa rodeando o perímetro que se vai a quemar.
  • Non se poderá iniciar ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.
  • Non se abandonará a vixilancia da zona de queima, ata que o lume estea totalmente apagado.
  • En toda queima autorizada deberase contar con material suficiente para o seu debido control.

Inscricións no concello en horario de 09:00 a 13:00 horas ata o 21 de xuño para San Xoán e ata o 27 de xuño para San Pedro.