A licitación o contrato de servizo de salvamento e socorrismo en Valdoviño

O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación a prestación dos servizos de salvamento e socorrismo nos areais do municipio cun orzamento base de licitación de 121.000 euros –IVE incluído—As empresas interesadas en tomar parte no proceso poden presentar as súas ofertas ata o 19 de maio ás 23,59 h. Como novidade este ano, o contrato inclúe tamén a seguridade do control das actividades nos areais (en especial son relevantes ás vinculadas coa actividade das escolas de surf).
 
O servizo prestarase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, agás no caso da praia da Frouxeira, que se estenderá ata o 7 de setembro (cun mínimo de 5 socorristas), e do Rodo, escenario do Pantín Classic. Precisamente esta cita levou ao Concello a incluír a cobertura do servizo nos días da súa celebración, dez días no mes de setembro (cun mínimo de 4 socorristas).
 
O servizo prestarase como mínimo en horario de 12 a 20 horas nas praias de A Frouxeira (cun mínimo de 6 socorristas, un deles patrón de embarcación): Meirás (cun mínimo de 2 socorristas); Pantín (Outeiro incluída e un mínimo de 4 socorristas, un deles patrón de embarcación); Baleo (cun mínimo de 2 socorristas), Vilarrube (cun mínimo de 3 socorristas) e Campelo (cun mínimo de 2 socorristas). Ademais, a empresa adxudicataria deberá contar cunha persoa encargada de organizar o servizo e, toda vez que o número de socorristas requerido nos areais se refire a efectivos presentes nas praias durante todo o horario, será necesario un maior número de socorristas para dar cobertura ás libranzas.
 
Máis información na Plataforma de Contratación do Estado.