A Xunta notifica que a calificación das augas de baño para a tempada 2019 é excelente

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, vén de notificar ao Concello de Valdoviño a clasificación sanitaria final das zonas de baño para a tempada 2019, que califica de excelente. O informe alude ás seguintes zonas: Baleo, Campelo, Frouxeira, Meirás, Mourillá-Os Botes, Pantín e Vilarrube.
 
A clasificación sanitaria final das zonas de baño será vixente para a tempada 2019 e, tal e como recolle a normativa, o Concello informará da mesma aos usuarios/as nas inmediacións dos areais.