O Concello inicia unha campaña especial de acondicionamento do entorno dos areais de cara á Semana Santa

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello de Valdoviño, a través das concellerías de Obras e de Servizos, vén de iniciar unha campaña especial de acondicionamento do entorno dos areais do municipio de cara á Semana Santa, época festiva na que tradicionalmente Valdoviño recibe a visita de centos de turistas ou simplemente a súa veciñanza aproveita para disfrutar durante os días de descanso da súa privilexiada contorna costeira.
 
Así, nestes días estanse a intensificar as labores habituais de limpeza e desbroces ademais de traballos de reposición dos paseos de madeira e da sinaléctica que, por dos temporais, o Concello vese obrigado a retirar durante o inverno en determinadas zonas. Uns traballos que levan a cabo os operarios municipais.