O Concello inicia os traballos de acondicionamento de preto de 15,5 kms de pistas e camiños por 167.000 euros

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá do inicio dos traballos de acondicionamento de 25 rúas, pistas e camiños nas diferentes parroquias por un importe de 166.980 euros que se financiarán con cargo ao POS+ 2018 da Deputación provincial da Coruña. Traballos que se executarán ao longo de preto de 15,5 kms en todas as parroquias. Explicou que, superados os problemas na tramitación dos expedientes derivados da implantación da administración electrónica, as obras arrancaban a semana pasada na Avenida Couce Casas (Valdoviño), onde tan só restan os labores de pintado, e en diferentes puntos de Pantín.

Con estas actuacións, o Concello pretende dar solución ao avanzado estado de deterioro dos viais municipais que, nos últimos meses, foron obxecto de accións puntuais como labores de rebacheo, aínda que esta non era máis que unha solución puntual á espera da contratación deste paquete de intervencións.

Así mesmo, nos próximos días pecharase tamén o proceso de contratación doutras 15 actuacións, agora en fase de licitación.

Polo momento, as primeiras intervencións son as seguintes: en Valdoviño (Avenida Couce Casas (270 metros en dous treitos), Camiño ó Mirador (450 metros), Camiño á Lagoa (750 m); Lago (Camiño Vilar-Ramal dereita (650 m), Camiño do Broño (220 m), Camiño do Canteiro (270 m), Camiño Outeiro-Cruceiro (100 m), Camiño Castido polos Freires (500 m), Camiño do Golpiño (150 m); en Loira (Camiño Furada, 225 m); en Meirás (Camiño fronte a Abuela Manola (180 m), Camiño paralelo a campo da festa (255 m)); en Pantín (Acceso ó Castro (600 m), Camiño O Talieiro (400 m), Camiño a Arnela (1.450 m), Acceso a Xabarís (560 m)); en Sequeiro (Camiño do Casal (1.355 m), Camiño Cruce San Bartolo (325 m) e Camiño estrada xeral a San Andrés (325 m)); Vilarrube (Camiño Aquenjo-Estrada Cedeira (950 m), Camiño no Porto (470 m), Camiño Vilarrube-Vilaboa-Arnela (3.500 m) e Folgueiras (1.450 m)) e Vilaboa (Camiño San Pedro a Vilaxe (950 m)).