O Concello de Valdoviño organiza un obradoiro de graffitti a cargo de NANA

A ilustradora, educadora artística e artista mural NANA impartirá en Valdoviño un novo obradoiro de graffiti para rapaces e rapazas a partir de 14 anos (e ata 30). Será do 15 ao 18 de abril, das 10 ás 14 horas e das 15 ás 19 horas.
 
Para participar, hai que inscribirse na Casa da Cultura, dende hoxe e ata o día 12 de abril, de 10 a 14 horas ou chamando ao teléfono 981 48 76 66. A actividade está subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
 
NANA, técnica en xoeiría artística e en ilustración, iníciase en 2006 no graffiti e o arte urbano, realizando intervencións na rúa e espazos abandoados. A partir da súa experiencia no espazo público decide realizar os seus estudos de ilustración na EASD Pablo Picasso, onde recibe unha bolsa Leonardo Da Vinci para estudar en Londres, desenvolvendo alí o seu traballo en ilustración publicitaria.