Valdoviño súmase ás reivindicacións da Asociación Española contra o Cancro iluminando a casa consistorial de verde

Con motivo do Día Mundial do Cancro, a fachada da casa consistorial de Valdoviño tinguirase esta noite de verde para dar visibilidade á loita de tantos milleiros de persoas contra o cancro. A semana pasada, representantes da delegación en Ferrol da Asociación Española contra o Cancro mantiñan unha xuntanza co alcalde, Alberto González, e a concelleiras Rosana García e Jessica Sabín para, entre outras cousas, solicitar a adhesión de Valdoviño a esta iniciativa de sensibilización.
 
Así as cousas, este ano a AECC pon o acento na necesidade de que os pacientes oncolóxicos e as súas familias reciban atención psicolóxica especializada durante as diferentes fases da enfermidade. Unha reivindicación á que se suma o Concello de Valdoviño.