O Concello informa de que os establecementos hostaleiros poderán abrir en Fin de Ano ata as 8 horas do 1 de xaneiro

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de recibir a autorización por parte da Consellería da Presidencia para a ampliación dos horarios de peche dos establecementos de hostalería do municipio na noite de Fin de Ano. Unha ampliación de horarios solicitada polo Concello e aprobada pola Xunta.
 
Así, bares, restaurantes e cafeterías poderán abrir as súas portas a noite do 31 de decembro ata as 8 horas do 1 de xaneiro de 2019, sempre que conten coas correspondentes licenzas e/ou permisos para o desenvolvemento da súa actividade e cumpran a normativa en relación a aforos e seguridade. Unha medida que permite disfrutar do Fin de Ano no municipio e, nesta liña, o rexidor anima á veciñanza a participar da variada oferta festiva dos establecementos hostaleiros de Valdoviño.