Valdoviño celebra este domingo o Día da Bicicleta na contorna das Forcadas

Valdoviño celebrará este domingo, 28 de outubro, a segunda edición do Día da Bicicleta. Unha iniciativa que conxuga a partes iguais deporte, diversión e agasallos. Nenos e maiores están convidados a tomar parte na xornada, que comezará ás 11 horas coa concentración dos participantes no entorno do campo de fútbol de Vilaboa.
 
Así, ás 11,30 h iniciarase un percorrido circular duns once quilómetros e dificultade baixa, apto para todas as idades, co que veciños e visitantes poderán descubrir unha contorna única: a paisaxe que se abre en torno ó encoro das Forcadas. As persoas interesadas en tomar parte poden recoller a inscrición no Rexistro Municipal de Valdoviño –casa consistorial- ata o venres, 26 de outubro ou na delegación de La Voz de Galicia en Ferrol –rúa Manuel de Cal, nº4, entrechán-. Así, o día da proba hai que entregar as fichas cubertas. Tamén hai posibilidade de anotarse o propio domingo.
 
E, como colofón á xornada, sorteo dunha morea de agasallos donados por comercios e hostalería local. Entre eles, Proymel, Construcciones y Reformas Daigon Pantín SL, Librería Xeila, Electrodomésticos Nito, Avanza.gal ou Tapería El Gitano.
 
O Día da Bicicleta é unha iniciativa que promoven Radio Voz Ferrol, La Voz de Galicia e o Concello de Valdoviño; patrocinan Cándido Hermida, a Cooperativa de Vilaboa, Gadis e Proymel, e na que colaboran Protección Civil e Policía Local de Valdoviño.