Subvencións de colaboración con entidades no Concello na realización de actividades

Data: 
martes, 23 Outubro, 2018
Obxecto: 

É obxecto da presente convocatoria a concesión de subvencións para colaborar coas entidades sen ánimo de lucro sitas no concello na realización de actividades culturais/sociais e divulgativas para o fomento da cultura popular con cargo á aplicación orzamentaria 334.48900 por un importe total de 11.000 euros.
 
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actividades:

  • A organización de actividades  relacionadas  co  achegamento  á  comunidade  das artes plásticas, literatura e teatro, música, divulgación das ciencias e demais manifestacións culturais e artísticas.
  • A  organización  de  actividades  de  animación  tendentes  a  fomentar  a  participación  e  creatividade  e  o mantemento  das  tradicións  locais.
  • A organización de actividades de dinamización social tendentes a fomentar a participación da cidadanía na vida social do concello.
  • Os  gastos   directamente  relacionados  coa  actividade  ou  co  obxecto  social  da asociación solicitante.
Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Un (1) mes, contado desde o día seguinte a publicación do extracto da convocatoria no BOP.

Páxina: 
Asociacións