A circulación polo camiño de acceso ó local veciñal de Aviño quedará temporalmente limitada a turismos

Entre o martes 16 e o venres 19 de outubro, tan só os turismos poderán circular polo camiño de acceso ó local veciñal de Aviño dende a estrada CP5404. Por tanto, queda restrinxido o paso de vehículos de maior tonelaxe durante ese periodo. Así o avanzou esta mañá o Concello de Valdoviño, que se ve obrigado a adoptar esta medida por mor das obras de reforma integral do inmoble, iniciadas a semana pasada.
 
Durante eses días, o Concello instalará os andamios necesarios para realizar traballos nas paredes exteriores do local veciñal, así como para reparar e renovar parte da cuberta.
 
O Concello pide desculpas de antemán polas molestias que poida ocasionar a medida.