A Casa da Cultura estrea aseos adaptados para persoas con diversidade funcional

O Concello de Valdoviño concluíu os traballos realizados nas últimas semanas para dotar á Casa da Cultura de aseos adaptados para persoas con diversidade funcional. A intervención contou cun orzamento de 21.000 euros, que se financiou cunha achega da Consellería de Cultura, e levouse a cabo na pranta baixa da Casa da Cultura, nos aseos próximos ó auditorio municipal.
A Casa da Cultura alberga actualmente, amáis do auditorio municipal, o Océano Surf Museo, a sala de exposicións temporais ou a biblioteca.