O Concello abre a inscrición nos obradoiros gratuítos de estimulación cognitiva para maiores de 60 anos

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, vén de abrir o prazo de inscrición nos obradoiros de estimulación cognitiva para persoas maiores de 60 anos. Unha actividade gratuíta que se desenvolverá nas parroquias de Valdoviño e de Meirás. As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse na Casa da Cultura, de luns a venres de 10 a 13 horas.
 
Os talleres celebraranse na Biblioteca Municipal de Valdoviño os martes en horario de tarde –de 17 a 18,15 horas- e no local da AVV de Meirás os xoves –de 9,30 a 10,45 horas-. A previsión é iniciar a actividade en outubro.
 
As actividades formativas a realizar serán traballos para mellorar a fixación e tamén as memorias a curto e longo prazo, sensorial, semántica, episódica, de recoñecemento, declarativa e procedimental; traballos de nivelación cultural, e xogos lúdicos de estimulación cognitiva.