O Concello reedita a súa aposta polas clases de ximnasia nas parroquias

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, volve a apostar pola descentralización das actividades deportivas nas diferentes parroquias, e de aí que este ano volverá a programar as clases de ximnasia en Meirás, Valdoviño, Vilaboa e Vilarrube. O prazo de inscrición está aberto e pode formalizarse na casa consistorial (no rexistro municipal de luns a venres de 9 a 14 h) ou na oficina municipal de turismo (en horario de 16 a 20 h e só durante o mes de setembro).
 
É preciso acompañar a instancia de fotocopia do DNI e o prezo da actividade é de 8,86 euros ó mes. En Meirás as clases desenvolveranse no pavillón do Longoiro os luns e mércores de 11 a 12 horas; en Valdoviño levaranse a cabo no auditorio da Casa da Cultura os martes e venres de 10 a 11 horas; en Vilaboa as sesións celebraranse na antiga unitaria os martes e venres de 11,15 a 12,15 h e, en Vilarrube, tamén na antiga unitaria, os martes e xoves de 19 a 20 h.
 
Para calquer dúbida o consulta, as persoas interesadas poderán dirixirse á Concellería de Deportes (segunda pranta da consistorial) os luns, martes mércores e venres de 12,30 a 14 h ou o xoves de 10 a 14 h.