A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Valdoviño este martes

O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ó municipio este martes. Estará diante da casa consistorial en horario de mañá –de 10 a 14 horas- e de tarde –de 16 a 21 horas-.
 
Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.