O Concello expresa o seu pesar polo pasamento de Manuel Villarnovo Martínez, primeiro alcalde de Valdoviño da democracia

O Concello de Valdoviño quere expresar o seu pesar polo pasamento do ex rexidor Manuel Villarnovo Martínez, e trasladar as condolencias da corporación á súa familia. Manuel Villarnovo Martínez, que ostentou a Alcaldía entre os anos 1979 e 1983, formará parte da historia do municipio por ter sido o primeiro alcalde de Valdoviño na democracia.