Iº Certame de pintura rápida ao aire libre Concello de Valdoviño 2018

Data: 
mércores, 1 Agosto, 2018
Obxecto: 

O Concello de Valdoviño convoca a primeira edición do Certame de pintura rápida ao aire libre. O evento, de caracter gratuíto e no que poderá participar calquera persoa maior de idade, celebrarase o 25 de agosto conforme ás bases adxuntas.
 
As inscricións poderán realizarse a través do correo electrónico cultura@concellodevaldovino.com (ata o día 22 de agosto), na Casa da Cultura de Valdoviño, os martes, mércores e xoves dende a publicación das bases ata as 13:00 horas do 22 de agosto (exceptuando días festivos) ou o propio día  do certame no horario do selado de 9:00 a 11:00 h. da mañá  na Casa da Cultura de Valdoviño.
 
Establécense  os seguintes premios:
1º. Premio Concello de Valdoviño:  1000 € e diploma
2º. Premio: 500 € e diploma
3º. Premio: 300 € e diploma
Premio local: 200 €  e diploma

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 25 de agosto