Proxección de “Cien años de perdón” este xoves na praza da Casa da Cultura

O Concello de Valdoviño inaugura este xoves a programación cultural do mes de agosto cunha nova sesión de cine nocturno ó aire libre. Na praza da Casa da Cultura, a partir das 22 horas, proxectarase a película «Cien años de perdón», un thriller recomendado para maiores de 12 anos. O pase, incluído na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña, trasladarase ó interior do centro cultural en caso de choiva.
 
Unha mañá de choiva, seis homes disfrazados e armados asaltan a sede central dun banco en Valencia. O que parecía un roubo limpo e sinxelo pronto se comprica, e nada sairá como estaba planeado. Isto provoca desconfianza e enfrontamento entre os dous líderes da banda, “El Uruguayo” e “El Gallego”. Pero ¿que é exactamente o que buscan os atracadores? O público poderá descubrilo este xoves en Valdoviño.