A Sociedade de Cazadores de Valdoviño organiza este sábado un Campionato de Caza puntuable para a Copa Galicia modalidade San Huberto

Arredor de corenta cazadores de toda a Comunidade tomarán parte este sábado, 7 de xullo, no Campionato de Caza na modalidade San Huberto-Memorial Álvaro Suárez Mera. A cita, organizada pola Sociedade de Cazadores de Valdoviño e a sección na Coruña da Federación Galega, conta coa colaboración do Concello de Valdoviño. É puntuable para a Copa Galicia e realizarase en Cedeira (no tecor Eixil). Comezará sobre as 9 da mañá –aínda que os participantes concentraranse na Porta do Sol de Valdoviño en torno ás 7,30 h- e rematará ó longo do día, a medida que conclúan as probas a realizar.
 
Neste campionato, este ano rendirase homenaxe a Álvaro Suárez Mera, falecido hai un ano e un cazador que competía na modalidade de caza San Huberto.