“Surf e Aves”, do fotógrafo Gonzalo Cueto, nova exposición do Océano Surf Museo

O Océano Surf Museo inaugura exposición. Será a segunda mostra temporal destas instalacións pioneiras en España e, nesta ocasión, a fotografía será a protagonista. “Surf e Aves” é o título da mostra, que recolle preto de medio centenar de imaxes, estampas, instantes que Gonzalo Cueto, un dos pioneiros en Galicia da fotografía de surf, foi recollendo ó achegarse á beira do mar ó longo da súa dilatada traxectoria como fotógrafo amateur. O acto de inauguración da exposición, que presidirá o alcalde, Alberto González, terá lugar mañá venres, a partir das 20 horas, con entrada libre.
 
A mostra toma o relevo da exposición de táboas de Enrique Artero, considerada a colección privada máis importante de España. Poderá visitarse ata o 2 de setembro, de luns a venres de 12 a 14 horas e as fins de semana e festivos nese horario e tamén de tarde, de 16 a 19 horas.