O Concello de Valdoviño pon en servizo as duchas da Frouxeira obxecto de vandalismo

O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que as duchas da praia da Frouxeira, obxecto de actos vandálicos durante a pasada fin de semana, volven a estar operativas. A Concellería de Servizos concluía onte as tarefas de reparación e a reposición dos cabezais, sustraídos en todos e cada un destes elementos emprazados ó longo do areal.