O grupo de teatro Arjé do IES Breamo trae este domingo a Valdoviño Final de película

O grupo de teatro Arjé do IES Breamo de Pontedeume porá en escena este domingo 10 de xuño, a partir das 20 horas, a obra « Final de película », do autor contemporáneo Gustavo Pernas. Unha obra moi crítica coa sociedade actual, tocando aspectos como o machismo e a xenofobia.
 
A obra é recomendable para un público de 14 anos en adiante e a entrada será gratuíta até completar o aforo.
 
A compañía repite función en Valdoviño, xa que o pasado mes trouxo esta obra ó municipio, aínda que para o alumnado do CPI Atios. Tralo éxito colleitado, ofrecerá a súa representación para todo aquel que desexe disfrutar do mellor teatro.