As “lecturas compartidas fóra do centro” CPI Atios pechan este venres o curso en Valdoviño e Vilarrube

O programa “Lecturas compartidas fóra do centro” que impulsan o CPI Atios e o Concello de Valdoviño celebrará mañá venres, 8 de xuño, a última sesión do curso escolar. E farao por partida doble, trasladándose ás parroquias de Valdoviño e Vilarrube. Así, o alumnado de 4º A desprazarase ata o local social de Vilarrube e, a clase de B, á Casa da Cultura de Valdoviño. En ambos escenarios levarase a cabo un encontro interxeneracional entre rapaces e rapazas e as persoas maiores das parroquias e, en ambos casos, comezará ás 10,30 horas. Así mesmo, os encontros están abertos á participación de todo aquel que esté interesado en asistir.
 
Nos mesmos, rapaces e rapazas ofrecerán ós maiores unha lectura e estes compartirán con eles a historia dalgunhas mulleres que lles parezan de especial relevancia no seu entorno. Precisamente, e como novidade este ano, o programa inclúese no proxecto “DNI: diferentes na igualdade” que o centro educativo está a realizar neste curso. Así, os relatos e conversas xiran en torno a mulleres destacadas.