Aprazada ata novo aviso a III Volta ás Forcadas do Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, informou esta mañá de que a Volta ás Forcadas prevista para este domingo queda aprazada ata novo aviso. O departamento municipal viuse obrigado a tomar esta medida por problemas técnicos e pide desculpas de antemán polas posibles molestias ocasionadas. Así mesmo, comprométese a que, en canto lle sexa posible, informará da nova data para a celebración da proba, incluída no calendario do 3º Circuito CORRE POLO NORTE.