Teatro: "Final de película"

domingo, 10 Xuño, 2018 - 20:00
Auditorio da Casa da Cultura

O grupo de teatro Arjé do IES Breamo de Pontedeume porá en escena a obra Final de película, do autor contemporáneo Gustavo Pernas. Unha obra moi crítica coa sociedade actual, tocando aspectos como o machismo e a xenofobia. Recomendable para un público de 14 anos en adiante. A entrada será gratuíta até completar o aforo.