Éxito de participación e público na II Exhibición de Judo Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, presidiu a entrega de medallas ós nenos e mozos que tomaron parte na cita deportiva celebrada no Longoiro
 
Uns 150 nenos e nenas que a diario adestran no Clube Bitácora de Ferrol e que proceden dos diferentes municipios da comarca, como Valdoviño, tomaron parte o pasado sábado na segunda edición da Exhibición de Judo Concello de Valdoviño.
 
Unha cita celebrada no pavillón municipal do Longoiro, na parroquia de Meirás, que suscitou o interese de numeroso público. Con ela, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, explicou que o Concello quería dar a coñecer este deporte e implicar ós máis novos na súa práctica.
 
Agradeceu tamén a participación dos judokas do Judo Lugo, convidados a este evento deportivo, que culminou coa entrega de medallas ós participantes, presidida polo propio edil, que estivo acompañado polo concelleiro de Obras, Alejandro García.