A Oficina Municipal de Turismo abre as súas portas na Porta do Sol

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abre dende hoxe as súas portas. Estará operativa os sete días da semana grazas á incorporación de dúas técnicas de turismo, contratadas ó abeiro dunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña.
 
Durante catro meses, unha das traballadoras estará a xornada completa e outra, parcial. Porén non só se limitarán a atender as consultas de visitantes e turistas mañá e tarde senón que tamén tomarán parte en iniciativas de promoción e dinamización turística. Así as cousas, o horario da Oficina de Turismo, ubicada na Porta do Sol, será de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.