X Mostra de Teatro Infantil este sábado en Valdoviño

A Casa da Cultura acollerá mañá sábado, 2 de xuño, a X Mostra de Teatro Infantil do Concello de Valdoviño. Arrancará ás 18 horas e estará conducida polo mago e showman Cayetano Lledó. Sobre o escenario actuarán as compañías do CPI Atios e da escola de teatro da ANPA Beiramar.
 
Baixo a dirección da profesora Dolores Freire, o alumnado de 5º A representará « Rosiña a xordiña » e baixo a dirección do mestre Luis Mosquera, 5º B ofrecerá a función « Os doutores da inseguridade social ». No caso da compañía da ANPA Beiramar, dirixida por Alba Casas, porán sobre o escenario un conxunto de obras de microteatro da función «Continuidad de los parques», de Jaime Pujol.
 
A entrada é libre e de balde ata completar aforo e a cita, que promove a Concellería de Cultura de Valdoviño, conta coa colaboración da ACRD Rosalía de Vilaboa e da Asociación Os Amigos.