O Concello de Valdoviño contratará 14 peóns para a limpeza de praias

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello contratará este verán 14 peóns para a limpeza de praias. Así, o Concello abrirá mañá, e por espazo de tres días hábiles, o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de contratación, mediante procedemento de concurso-oposición.
 
A referida contratación está subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña. O contrato formalizarase baixo a modalidade de duración determinada (3 meses), a tempo parcial de 20 horas semanais (media xornada), en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, de luns a domingo.
 
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na
convocatoria. Esta pode consultarse tanto no taboleiro de anuncios da Casa do Concello como na web municipal, no seguinte enlace