Charla sobre prevención de incendios e distancias de plantación forestal este venres na cooperativa de Vilaboa

O salón de actos da cooperativa de Vilaboa será escenario este venres, 1 de xuño, dunha charla informativa sobre as medidas de prevención contra os incendios e as distancias de plantación forestal establecidas recentemente pola Xunta de Galicia. A ponencia correrá a cargo dun técnico forestal, que estará acompañado polo alcalde, Alberto González, que á súa vez tentará solventar as dúbidas xeradas en torno a este tema.
 
Con entrada libre, a charla dará comezo ás 20,30 horas e vén precedida dunha charla sobre a mesma temática celebrada este mesmo mes na Casa da Cultura de Valdoviño, a instancias do Concello, e á que asistiu un centenar de persoas.