O Concello contrata un terceiro tractor para as labores de desbroce no municipio

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá a contratación dun terceiro tractor para levar a cabo as labores de desbroce nas pistas, camiños, estradas e espazos de titularidade municipal. Para iso, destinará unha partida de 6.000 euros.
 
Este terceiro tractor súmase ós dous municipais que, guiados por operarios do departamento municipal de Servizos, levan a cabo traballos desta natureza ó longo de todo o ano.
 
Unha contratación necesaria para atender, especialmente nesta época, as necesidades de desbroce do Concello. Cabe recordar que o municipio conta con máis de 600 quilómetros de viais municipais.