O Concello abre o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de selección dun técnico deportivo

O Concello de Valdoviño abría hoxe o prazo de presentación de solicitudes para concurrir ó proceso de selección dun técnico deportivo. Unha contratación que se realizará no marco do programa de apoio ó deporte regulado pola convocatoria da Deputación e pola que se establece o programa de subvencións a concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico deportivo durante o ano 2018.

A contratación farase baixo o réxime de laboral temporal, por obra ou servizo. A xornada de traballo será de 20 horas semanais.
As funcións e tarefas a desempeñar pola persoa seleccionada consistirán en desenvolver os programas deportivos do concello, e en especial o relacionado co deporte escolar e federado, realizar tarefas de apoio a xestión deportiva do concello, e as de carácter extraordinario como campamentos de verán ou Nadal do Concello ou en colaboración con outros concellos e colaborar nas campañas deportivas da Deputación, acompañamento de transporte municipal, e estudar, elaborar e difundir os proxectos de animación deportiva e apoiar ao Departamento de Cultura e Deporte en todas as actuacións deportivas que se realicen ao longo do ano.

O traballo realizarase por distintas parroquias do Concello, sendo necesario que o traballador dispoña dun vehículo para desprazarse por todo o termo municipal.
As retribucións serán de 657,14 € brutos mensuais (incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias).
 
As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello. O prazo é de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación (xoves 24 de maio) do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
 
As bases poden consultarse no seguinte enlace