Selección de técnico deportivo

Data: 
mércores, 23 Maio, 2018
Obxecto: 

O obxecto desta convocatoria é a selección dun/dunha TÉCNICO DEPORTIVO, dentro do programa de apoio o deporte regulado pola Convocatoria da Deputación da Coruña (B.O.P. nº 241, de 24 de decembro de 2017) pola que se establece o programa de subvencións a concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico deportivo durante o ano 2018.
A contratación farase baixo o réxime de laboral temporal, por obra ou servizo. A xornada de traballo será de 20 horas semanais.
As funcións e tarefas que ha ser desempeñadas pola persoa seleccionada consistirán en desenvolver os programas deportivos do concello, e en especial o relacionado co deporte escolar e federado, realizar tarefas de apoio a xestión deportiva do concello, e as de carácter extraordinario como carnavales, campamentos de verán ou Nadal do concello ou en colaboración con outros concellos e colaborar nas campañas deportivas da Deputación, acompañamento de transporte municipal, e estudar, elaborar e difundir os proxectos de animación deportiva e apoiar ao Departamento de Cultura e Deporte en todas as actuacións deportivas que se realicen ao longo do ano.
O traballo realizarase por distintas parroquias do Concello, sendo necesario que o traballador dispoña dun vehículo para desprazarse por todo o termo municipal.
As retribucións serán de 657,14 € brutos mensuais ( incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias).

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación (xoves 24 de maio) do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincial.