Valdoviño, o terceiro municipio das tres comarcas con máis proxectos presentados ó PEL-Pemes e cuarto ó PEL-Emprende

Valdoviño é, tras Ferrol, Narón e As Pontes, o municipio das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que máis proxectos presentou á liña de axudas PEL-Emprende que promove a Deputación provincial da Coruña, destinado a impulsar proxectos empresariais de recente creación. En total, 12 proxectos concorren á convocatoria. Unha cifra que dá boa mostra da aposta da veciñanza polo municipio de Valdoviño á hora de asentar ou impulsar o seu negocio.
 
Así mesmo, as cifras tamén sitúan a Valdoviño nos primeiros postos do ránking de peticións para as axudas PEL-Pemes, neste caso dirixidas á contratación de persoal en pequenas empresas. Neste caso, concorren 10 proxectos e sitúan a Valdoviño tan só por detrás de As Pontes e Ortigueira. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, apunta os esforzos do Concello por dar a coñecer as axudas e subvencións abertas para o fomento do emprego por parte das diferentes administracións. Esforzo que se ten traducido na organización de xornadas informativas, entre outras iniciativas.