III Concurso de relato curto e debuxo do Concello de Valdoviño. Letras Galegas 2018

Data: 
domingo, 6 Maio, 2018
Obxecto: 

Dentro dos actos que o Concello de Valdoviño ten organizado co motivo da celebración das Letras Galegas dedicadas este ano a María Victoria Moreno convócase un concurso de relato curto e debuxo para rapaces empadroados no Concello de Valdoviño e alumnos dos centros educativos de Valdoviño tendo como obxectivo a realización dunha actividade para coñeceren algunhas das obras creadas por María Victoria Moreno.
Os relatos e debuxos deberán ser orixinais, non premiados noutros certames, de temática libre e no que proceda escritos en lingua galega.
O concurso convócase na modalidade de debuxo para os cursos de 4º a 6º de Infantil e 1º ciclo de Primaria e na modalidade de relato curto para 2º e 3º ciclo de Primaria e 1º e 2º ciclo da ESO, sendo o premio para os gañadores un libro e un diploma por curso.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 11 de maio.

Páxina: 
Ensino
Xuventude